Xacarandaina non é un ballet folclórico, non é una coral, non é unha banda de gaitas, non é
un grupo folk; Xacarandaina pretende ser algo máis. Investiga o folclore e interprétao como
o atopa no seu lugar de orixe, buscando a maior pureza e o parecido co real, pretendendo
con isto ser un exemplo vivo da arte popular de Galicia, continuada polo pobo e para o pobo.
Para maior entendemento do noso traballo de recuperación do baile, a música e o traxe tradicional,
detallamos unha serie de puntos que o grupo considera imprescindibles para chegar a unha eficaz
reconstrucción, e así saber quen fomos, quen somos e cara onde imos.
| |
|
 |
Nos bailes e danzas:
- Recuperación da coreografía auténtica
- Selección dos puntos máis representativos e distintivos da zona
- Conservación do xeito de interpretación dos informantes
(aire e corpo, braceo, posicións
de pés, etcétera).
- Respeto da orde e da estrutura xeral
- Manter as aptitudes e simbolismo da danza
|
Na música (respétase):
- Instrumentos específicos da zona
- a dixitación (aberta ou pechada), e a tonalidade do gaiteiro informante
- a forma de acompañamento dos tamborileiros vellos (redobres, adornos, etcétera)
- a estructuración e forma de tocar as pandereteiras
- selección das coplas máis representativas, ou que ao longo da recollida repiten máis,
acatando as formas lingüísticas de seu
- a forma de tocar as castañolas ou castañetas e o seu acompañamento cos puntos
|  |
 |
No traxe:
- axudámonos da descrición feita polos informantes, dos traxes ou pezas que atopamos e dos
gravados e fotos antigas.
- copiamos os patróns antigos.
- repetamos o tipo de tea (moitas delas feitas no tear) así como a súa cor.
- facemos os bordados imitando os antigos (pasamanerías do levantado, etcétera).
- as xoias son reproduccións exactas, feitas en prata dourada, tendo varios tipos de sapos
e pendentes
- coidamos que o calzado sexa o propio da zona (distintos tipos de zapato, zoco, zoca).
- mimamos o xeito de vestir as roupas aldeás que tiñan os nosos paisanos.
|
A continuación amósase a relación de concellos nos que o grupo Xacarandaina ten feito o seu traballo de investigación:
| Pontevedra |
Barro, Caldas de Reis, Forcarei, Fornelos de Montes, Mondariz, Mos, Ponte Cesures, Porriño, Portas, Redondela,
Soutomaior,Tui,Valga, Vigo, Vilaboa, Vila de Cruces
|
| Lugo |
Abadín, Cervantes, Chantada, A Fonsagrada, Friol, O Incio, Láncara, Meira, Murias, Navia de Suarna, As Nogais,
A Pastoriza, Pedrafita do Cebreiro, Pol , Samos
|
| Ourense |
Bande, Beariz, Boborás, Castrocaldelas, Padrenda, Solveira
|
| A Coruña |
Ames, Aranga, Arteixo, A Baña, Berdoias, Boimorto, Brión, Cabana, Camariñas, Carballo, Carral, Cedeira, Cerceda, Coristanco,
Culleredo, Curtis, Fisterra, Frades, Irixoa, Laxe, Laracha, Malpica, Melide, Muxía, Negreira, Outes, Oleiros, Oza, Padrón,
Pontedeume, Santa Comba, Santiago, Sobrado, Toques, Trasmonte, Tordoia, Val do Dubra, Vimianzo, Zas
|
PLANS PARCIAIS (METODOLOXÍA)
Principalmente existe un labor de investigación para saber cal é a parroquia ou parroquias
de cada concello, onde existe algunha información, parcial ou xeral das distintas materias.
Tamén tratamos de facer xunas monográficas de cada tema, propiciando o ambiente de festa (bebida e comida se
procedese), con fin de clarificar e aunar criterios; con respecto ao baile, poder gravar en
cámara o baile de conxunto.Gravarase e retratarase todo o material visual que poida existir: teares, aparellos, pezas de
traxe..., etc., e monumentos de interese.
Localización dos informantes:
bailadores, instrumentistas, gaiteiros, cantores, tecelás, costureiras, xastres..., etc.
|