![]() Concursos e Festiváis |
![]() Recollidas |
![]() Espectáculos Etnográficos |
![]() Contratacións |
|
Grupo de Música e de Bailes Tradicionáis | ||
Formouse en outubro de 1978 na cidade da Coruña con membros de distintas agrupacións. O obxectivo principal e fundamental do
Grupo de Bailes e Música Tradicionais Xacarandaina é a investigación do folclore de Galicia, procurando non desvirtuarlo en ningún
dos seus detalles. Para isto, o Grupo desprázase polas distintas aldeas e poboacións do país, facendo un importantísimo labor de
campo, recuperando así músicas, bailes, danzas, cancións, instrumentos e traxes autóctonos. Froito deste labor o Grupo ten recollidos
e montados arredor de 150 bailes e outras tantas pezas de música.
No momento da súa formación o Grupo estaba composto por trinta persoas e dirixíano Rosi Ares e Lino Rivas. Na actualidade o Grupo está composto aproximadamente por uns 70 compoñentes, de idades comprendidas entre 18 e 30 anos, na súa maioria estrudiantes procedentes da escola de Xacarandaina, ben directamente das clases que se imparten na propia Asociación ou ben das clases que imparten os compoñentes do grupo noutros centros, ensinando a bailar a máis de catro mil persoas. ![]() O Director do Grupo de Bailes Tradicionais Xacarandaina é, dende novembro de 1.982, D. Henrique Peón Mosteiro. Divídese o Grupo en tres seccións: Grupo de Baile, Gaiteiros e Pandereteiras; sendo, estas últimas, o primeiro grupo destas características creado en Galicia. A meirande parte das súas actuacións teñen sido en festas populares por toda a xeografía galega, contribuindo desde xeito a promocionar o folclore galego no seu lar, sen esquecer as numerosas actuacións en concursos e festivais a nivel nacional e internacional. Nestes intres, o grupo ten repertorio suficiente como para facer varios espectáculos de tres horas seguidas, con baile e música tradicional de case toda Galicia, e con gran riqueza e diversidade de vestiario. En 1990 gravouse un disco con temas recollidos polo Grupo e colaborouse en dous discos de folclore internacional, grabados en Francia.
Os tres grupos fan unha dobre laboura: de acompañamento ao Grupo de Baile e de recollida e coidado da nosa música por outra banda. Todos estes músicos funcionan tamén independentemente facendo espectáculos de Música Tradicional por todo o país. |
||