![]() Concursos |
![]() Horarios dos cursos |
Concursos Internos
Concursos Externos A Asociación convoca todos os anos:
Así mesmo os grupos de baile e pandeireta da Asociación asisten a concursos organizados por outras asociacións de Galicia,
como o Concurso de Baile e Música Tradicionais "Cantigas e Agarimos" en Santiago de Compostela, o Concurso de Baile Tradicional
organizado polo Concello de Ames, o Certame Folclórico de Rosalía de Castro en Padrón, o Concurso de Pandereteiras da
Asociación Folclórica Xalgarete ou o Concurso de Música Tradicional Xiradela, nos que os grupos da asociación acadaron
importantes premios e distincións.
Respecto ó labor de difusión da cultura tradicional por parte desta Asociación, queremos salientar o traballo dos mestres de baile e música tradicional que imparten clases tamén en colexios e asociacións da cidade e de diversas localidades da provincia, sumando en total máis de 4.000 alumnos. Os grupos de alumnos das actividades de música e baile tradicional tamén participan en actuacións de carácter benéfico alí onde son requeridos, como por exemplo o Fogar de Sor Eusebia, o "Asilo das Hermanitas dos Ancianos Desamparados", a Residencia "Los Magnolios", o Centro da Terceira Idade Torrente Ballester, e en diversos actos festivos como a inauguración da praza de María Pita, do obelisco Milenium ou no Centro Comercial Catro Camiños, a Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña, a Escola Municipal de Música, o Colexio "Los Salesianos", o Salón Parroquial dos Capuchinos, etcétera. ![]() Grupos de esta asociación tamén actuaron en programas de televisión como "Luar" da TVG ou o "Veo Veo Xacobeo 99" en Tele 5, gañando o premio "Hispamusic" que consiste na gravación dun disco. No ano 2001, unha representación dos grupos de música e baile do Círculo de Acividades de Tempo Libre participaron nos circuitos culturais organizados polo IMCE, a través de dúas actuacións. Todos os anos celébranse festas polo Nadal e na época do Antroido, enfocadas primordialmente ós rapaces máis novos. Durante o curso tamén se organizan fins de semana no Albergue Gandarío en Bergondo nos que poden participar tódolos rapaces que o desexen. Aínda que non é o seu obxectivo específico, esta asociación dá acollida a rapaces e maiores con distintas minusvalías para a súa integración social tamén no seu tempo de lecer. |