Concurso de Baile Tradicional
Este concurso ven sendo organizado dende o ano 1979 con grupos participantes de toda Galicia.
Ó longo de tres fins de semana o teatro Colón de A Coruña acolle as actuacións de todos estes grupos que son sometidos
á avaliación dun xurado formado por especialistas na materia que teñen en conta a autenticidade da danza, a dificultade técnica
e a calidade na súa execución.
Entre os gañadores nas catro categorías existentes, segundo a idade dos membros do grupo, repártense diferentes trofeos e
premios en metálico.O Grupo de Música e Bailes Tradicionais Xacarandaina presenta o día da final os bailes que recollen polas
vilas galegas durante o ano.
Asociación Xuvenil Xacarandaina - www.xacarandaina.com