Antes de cubri-la ficha de afiliación lea atentamente a seguinte información:
A Asociación Xuvenil
"Xacarandaina" ten a súa sede social na Rúa Historiador Vedia, 3 e
figura inscrita no Rexistro de Asociacións do Governo Civil co número 520. As súas oficinas están
abertas ao público de 6 a 9 da tarde, de luns a venres, e de 10 a 13:30 e de 16:00 a 19:30 os sábados.
OBXECTIVO:
Esta Asociación ten como obxectivo
EDUCAR PARA O MELLOR DISFRUTE DO LECER.
Para o cumprimento deste fin a Asociación organizará actividades de: música, danza, teatro, literatura, artes plásticas,
folclore, ar libre, cursiños, concursos, turnos de albergue, campamentos, etc...
ACTIVIDADES:
Nestes momentos están a funcionar, dependentes da Asociación, o Círculo de Actividades de Tempo Libre e o Grupo de Bailes Tradicionais.
SOCIOS:
A Asociación estará composta por tres clases de socios:
Aspirantes: menores de 14 anos
Numerarios: de 14 a 30 anos.
Colaboradores: maiores de 30 anos.
CUOTAS:
Tódolos socios estarán obrigados ó pago dunha cuota anual de 15 euros que se fará efectiva nun so pago que se efectuará no
momento de facela matrícula. Ten en conta que sendo socio terás descontos en tódalas actividades e disfrutarás de moitas vantaxes nos eventos ou acontecementos.
A aportación dos socios colaboradores, non asistentes ó Círculo de Actividades de Tempo Libre, é voluntaria.
Os socios gozarán de certas vantaxes económicas nas actividades abertas que programe a Asociación.
PAGO:
O pago efectuarase mediante o abono da cantidade por transferencia bancaria. A continuación preséntanse os datos necesarios para realizala transferencia:
Banco: Caixa Nova
Nº de conta: 2080 0166 11 0040004430
Beneficiario: Xacarandaina
Concepto: Cuota socio
É imprescindible facilitarlle á asociación o resguardo da transferencia bancaria.
Asociación Xuvenil Xacarandaina - www.xacarandaina.com