VIAXE G.M.B.T. XACARANDAINA

O próximo venres 8 de Agosto en G.M.B.T. Xacarandaina viaxará a terras francesas para representar a Galicia no FESTIVAL INTERNACIONAL DE FOLKLORE de Port-Sur-Saone.

Alí participará nos actos do festival xuntos países como; Xeorxia, India, Indonesia, Mexico, Mali, Italia, Colombia...

E como non todo vai ser traballar no festival, de camiño faremos un pouquiño de turismo, visitando lugares como; Carcassonne, Tarascon, Annecy, entre outros.

O regreso do grupo a terras galegas está previsto para o 19 de agosto á noite.


Desexámosvos unha boa viaxe.
07 de agosto de 2008

"PRESTIXIO": Datas definitivas Verán 2008


19 de Xullo - Porriño
24 de Xullo - Pontedeume
26 de Xullo - Monterroso
1 de Agosto - Ribadavia
27 de Agosto - A Coruña (Praza de Mª Pita)
29 de Agosto - Monforte

15 de xullo de 2008

GAÑADORES DO XXIX CONCURSO DE BAILE TRADICIONAL

Os gañadores do XXIX Concurso de Baile Tradicional celebrado onte domingo día 6 no Palacio de la Ópera da Coruña son:


Categoria A

1º "D" da Escola de Muiñeira "Cantigas e Agarimos"
2º "B" do Grupo de Baile e Música Tradicional "Tahume" de Riveira
3º "Donairiño" da A.C. Donaire


Categoria B

1º "C" da Escola de Muiñeira "Cantigas e Agarimos"
2º "B" da Agrupación Municipal "Tequexetéldere"
3º "Gramalleira" da A.C. Santa Mª de Torás


Categoria C

1º "B" da Escola de Muiñeira "Cantigas e Agarimos"
2º "C" da Agrupación Municipal "Tequexetéldere"
3º "A" da A.C. Os Muiños de Oliveira


Categoria D

1º C.C. "A Pontevella" de Reis
2º "D" da Agrupación Municipal "Tequexetéldere"
3º "Fusos e rocas" da A.C.F. O Fiadeiro


Por outro lado os gañadores do premio "Homenaxe a Iolanda Pérez Feijoo" o mellor bailador e mellor bailadora do concurso foi para:

Premio mellor Bailadora
Primeira bailadora de "Regalía" da A.C. "A Coteleira" de Cores, en la categoría B

Premio mellor Bailador
Primer bailador da Xota do Grupo de Música e Baile Tradicional "Tahúme" de Olveira na categoría C

07 de xullo de 2008

Sorteo Concurso Baile Tradicional


Finalmente o sorteo que se acordara para hoxe día 23 de Xuño, onde saerian elixidos os 40 grupos participantes no concurso, queda suspendido debido a que o número de grupos inscritos para dito sorteo non chegou a cubrir o máximo.

Tódolos grupos que se inscribiron poderán participar no concurso de Baile do vindeiro día 6 de Xullo.

Perdoade as molestias.
23 de xuño de 2008

Inscrición para socios

O prazo de matrícula xa está aberto para socios. Desde hoxe e ata final de xuño en horario de 10:30 a 12:30 e de 18:00 a 21:00 e durante todo o mes de xullo en horario de mañá de 10:00 a 13:30

O prazo de inscrición vólvese a abrir en Setembro para socios e non socios, e as clases darán comezo en Outubro.

Un saúdo e bo verán.
23 de xuño de 2008

VIII ROMARÍA DO LECER - 14 e 15 xuño

Xa está aquí un dos eventos máis agardados do ano, a VIII Romaría do Lecer. Este ano terá lugar no Paseo das Pontes, os vindeiros 14 e 15 de Xuño, sábado e domingo respectivamente.

Como xa é costume, o sábado á noite, a partires das 22.00h faremos unha GRAN FOLIADA á que estades todos invitados. Achegádevos a tocar unhas pezas e a bailar ó son de grupos de toda Galicia. Tamén teremos bochinche, para que nos vos falte de nada.

Durante todo o domingo teremos as actuacións de tódolos grupos da Asociación (baile e música tradicional, bailes de salón, guitarra...) e ademáis haberá xogos para os máis pequenos, unha pequena mostra de artesanía, pulpeira e bochinche... e sorteo de agasallos.
E desta vez, celebraremos por primeira vez un campeonato de tute. Para inscribirvos, por parellas, só tendes que acercarvos ó local e apuntarvos aboando 5€. Os gañadores do campeonato levarán o bote completo.

Xa vedes que vai haber de todo e para tódolos gustos, así que alí vos esperamos a todos.
13 de xuño de 2008

Modificacion das bases do XXIX Concurso de Baile

A Asociación Xuvenil Xacarandaina informa que:

Debido ó elevado número de grupos que queren participar no XXIX Concurso de Baile Tradicional, FARASE UN SORTEO PÚBLICO, entre tódalas inscricións recibidas por correo ordinario ou electrónico entre o 9 e o 21 de xuño.
Este sorteo terá lugar o día 23 DE XUÑO ÁS 12:00h. no local social sito na rúa Historiador Vedía, nº3 - soto 1º da Coruña.

No sorteo serán elixidos un máximo de 40 grupos que finalmente participarán no Concurso, polo tanto o programa non se rexirá pola rigurosa orde de inscrición como figura nas bases enviadas.

Pregamos puntualidade a todos aqueles representantes dos grupos inscritos como calquer outro interesado que queira asistir.

De tódolos xeitos comunicarase a relación dos grupos participantes na web www.xacarandaina.com o mesmo día do sorteo pola tarde.

A Xunta Directiva.
11 de xuño de 2008

XXIX CONCURSO DE BAILE TRADICIONAL

Por causas alleas á Asociación Xuvenil Xacarandaina, vémonos na obriga de celebrar o XXIX Concurso de Baile Tradicional Xacarandaina nun só día, o 6 de Xullo de 2008 no Pazo da Ópera da Coruña. Deste xeito non se realizarán as probas eliminatorias coma en anos anteriores.

O concurso realizarase ó longo de toda a mañá do domingo e debido á falta de tempo do que dispoñemos, e coma medida exclusiva nesta edición, non temos outra opción que restrinxir o número de grupos que poderán participar.

O programa será elaborado por rigurosa orde de inscrición sen sobrepasar en ningún caso un máximo de 40 grupos entre tódalas categorías; esixindo un mínimo de 7 grupos en cada unha delas salvo que o número de grupos inscritos non cubra ese mínimo.

As inscricións realizaranse enviando os datos que figuran nas bases ó local social ou ben por correo electrónico (info@xacarandaina.com). Exclúese a vía telefónica para facer as inscricións.

O prazo de inscrición comezará o día 9 de xuño e finalizará o día 21 de xuño.

Os grupos da A.X.Xacarandaina non concursarán, senon que actuarán a modo de exhibición mentres o xurado delibera en cada unha das categorías.

Pedímosvos desculpas de antemán e sentimos moito ter que limitar o número de participantes, esperando que en vindeiras edicións podamos celebrar novamente unha fase eliminatoria para que tódolos grupos poidan participar no Concurso.

Un saúdo.
Xunta Directiva da A.X.Xacarandaina



BASES DO CONCURSO
1. Poderán participar no mesmo grupos de Asociacións Folclóricas, Centros Parroquiais, Asociacións Culturais e Recreativas, Asociacións Xuvenís, etc.

2. É requisito indispensable enviar debidamente cumplimentada a folla de inscrición por:
correo ordinario ó local social: rúa Historiador Vedía, nº 3, soto 1º - 15004 - A Coruña
correo electrónico: info@xacarandaina.com

3. Os grupos poden ser mixtos, femeninos ou masculinos, e estarán formados como mínimo por 8 persoas (agás cando as características do baile o precisen)

4. O uso do traxe tradicional é obligatorio, excepto na categoría A.

5. No caso de que o baile presentado fora recollido polo Grupo de Baile Tradicional Xacarandaina, deberá contar coa súa autorización.

6. A categoría determinarase pola media das idades dos compoñentes do grupo, e ningún deles superará o límite da categoría en máis de 2 anos.
categoría A: ata os 8 anos
categoría B: de 9 a 12 anos inclusive
categoría C: de 13 a 16 anos inclusive
categoría D: de 17 anos en adiante

7. O programa será elaborado por orde de inscrición sen sobrepasar en ningún caso un total de 40 grupos entre tódalas categorías, esixindo un mínimo de 7 grupos en cada unha delas salvo que o número total de inscricións non se cubran.

8. O prazo de inscrición comezará o día 9 de xuño e finalizará o 21 de xuño. Non se admitirá ninguna inscrición fora deste prazo.

9. Realizarase unha única proba que terá lugar o día 6 de xullo no Pazo da Ópera da Coruña.

10. Cada grupo terá un tempo límite de 5 minutos. O grupo que sobrepase dito tempo quedará descalificado.

11. Cada grupo terá que levar o seu acompañamento musical: gaiteiros, pandereteiras... que deberá estar presente no esceario, vestindo o traxe tradicional.

12. As medidas do escenario serán: 15 m. de fondo por 16 m. de ancho aproximadamente.

13. O Xurado no momento da calificación terá en contra: autenticidade da peza, dificultade técnica e calidade na execución.
O xurado terá liberdade de esixir o DNI ou libro de familia, así como establecer premios desertos se así o considerase.

14. En cada unha das categorías serán concedidos os seguintes premios:
1º premio: trofeo e 350 €
2º premio: trofeo e 200 €
3º premio: trofeo

15. Os grupos da A.X.Xacarandaina actuarán de exibición mentres o xurado delibera en cada unha das categorías.

16. A participación neste concurso implica a aceptación das bases expostas.

17. A peza a interpretar no concurso terá que ser a mesma que figure na folla de inscrición.

11 de xuño de 2008

TROCO DE DATA - GALA CORCUBIÓN
Temos un troco de data na primeira das representacións de "Prestixio" deste verán.

A gala do día 21 de xuño en Corcubión, pasa a realizarse o DOMINGO 22 DE XUÑO, no mesmo lugar.

Agardamos que o troco non afecte ós que tivérades pensado acercarvos, senon todo o contrario.
10 de xuño de 2008

Datas "Prestixio" Verán 2008

Co motivo do ciclo “Vai de Camiño” organizado polo Xacobeo e tamén patrocinadas pola Xunta de Galicia, xa temos datas para as representacións do espectáculo “Prestixio” do G.M.B.T. Xacarandaina

21 de Xuño – Corcubión
12 de Xullo - Vilagarcía
19 de Xullo - Porriño
24 de Xullo - Pontedeume
26 de Xullo - Monterroso
1 de Agosto - Ribadavia
29 de Agosto - Monforte

Agardamos vervos nalgunha delas.
16 de maio de 2008

ACTUACIÓN GRUPO DE TEATRO
O vindeiro xoves 15 de maio, ás 19:30 h., no auditorio do Calvo Sotelo, terá lugar a representación da obra:

NON HAI LADRÓN QUE POR BEN NON VEÑA

por parte dos alumnos da clase de teatro da Asociación.
Animádevos a pasar un bó rato, de seguro que valerá a pena.
10 de maio de 2008

XACAmpamento - 24 e 25 de maio
Despois de moito tempo agardando, por fin está listo o XACAmpamento 2008.
Terá lugar os días 24 e 25 de maio.

sábado 24 de maio
13.00 h. - Saída desde Xacarandaina en bus
13.30 h. - Chegada ó albergue de Gandarío
reparto de habitacións e xantar
actividades lúdicas no areal de Gandarío e no propio albergue
20.30 h. - Cea
22.00 h. - Velada

domingo 25 de maio
08.30 h. - Almorzo
09.30 h. - Desplazamento ata Pontedeume en Bus
11.00 h. - Actividade en piragua na praia de A Magdalena (Cabanas)
14.00 h. - Xantar no Pinar (bocatas)
15.00 h. - Xogos na praia
20.00 h. - Regreso a Coruña

Dúas únicas condicións:
- saber nadar
- ter entre 8 e 12 anos


O precio será de 60€ para non socios.
O precio para os socios será de 54€ (10% desconto)


Non o dubidedes e apuntádevos no local da Asociación.
05 de maio de 2008

PREMIADOS NO XIX CONCURSO DE MÚSICA TRADICIONAL "XACARANDAINA"
Os premiados no XIX Concurso de Música Tradicional organizado pola A.X. Xacarandaina o 27 de Abril de 2008 foron os seguintes:

PANDERETEIRAS
CATEGORÍA A: ata 9 anos inclusive.
1º “Quintán” da A.N.P.A. do CEIP – Mondego.
2º "Cantaruxeiras" da A.C. Donaire
3º “Teirón” da A.C.R. e D. San Martín-Razo

CATEGORÍA B: de 10 a 13 anos inclusive.
1º "Artabria” da E.B.P. IAR
2º “Chiculateiras” da A.X. “Xiradela” – Arteixo
3º "Mar Adentro” da A.C. “As Neves” – Buxantes

CATEGORÍA C: de 14 a 17 anos inclusive.
1º "Taín” da A.C. Adro-Baio
2º “Névedas” da A.C. Arume-Verdillo
3º “Lanzalía” da A . C. O’Castro-Miño

CATEGORÍA D: dende 18 anos en adiante.
1º “Donaire” da A.C. Donaire
2º Asociación Cultural Os Muiños–Oliveira
3º “A” da E. de M. Cantigas e Agarimos

CUARTETOS
CATEGORÍA B: de 14 a 17 anos inclusive.
1º "Zaloira" da A.C. Tremiñado - Ponteareas
2º "As Brañas" da A.M e D.T. Queiroa-Sada
3º Agrupación cultural "Malante" - Malpica

CATEGORÍA C: maiores de 18 anos.
1º “Alxibe” da A.C. Tremiñado-Ponteareas
2º “Donaire” da Asociación Cultural Donaire
3º “Loaira” da A.C. R. e D. O Castro – Miño

Noraboa a todos eles.
02 de maio de 2008

VENDA DE ENTRADAS - XIX concurso de música tradicional
Este ano, con motivo da celebración do XIX Concurso de música tradicional no recentemente reformado teatro COLÓN, poñemos as entradas á venda con anterioridade ó propio día.

Xa podedes facervos coa vosa localidade entrando na web www.caixagalicia.es, na sección taquilla. Ou ben, no teléfono 902.43.44.43. Tamén continuarán á venda no teatro o día do concurso.

O prezo será de 3€ para o horario de mañá ou para o de tarde.
Haberá tamén un abono para a xornada completa, con precio de 5€. Este abono poderá adquirirse únicamente o día do concurso nas taquillas do teatro.
17 de abril de 2008

XIX CONCURSO DE MÚSICA TRADICIONAL XACARANDAINA

- É un concurso no que poderán participar grupos de Asociacións Folclóricas, Recreativas, Culturais, de Veciños, Centros Parroquiais, etc.

- Constará de 2 modalidades:
Pandereteiras
­Cuartetos, quintetos ou sextetos, que levarán únicamente gaita e percusión tradicional galega.

Na modalidade de pandereteiras haberá 4 categorías:
Categoría A: ata 9 anos inclusive.
Categoría B: de 10 a 13 anos inclusive.
Categoría C: de 14 a 17 anos inclusive.
Categoría D: dende 18 anos en adiante.

Na modalidade de cuartetos, haberá tres categorías:
Categoría A: ata 13 anos inclusive.
Categoría B: de 14 a 17 anos inclusive.
Categoría C: maiores de 18 anos.

A categoría determinarase pola media das idades dos compoñentes, e ningún deles superará o límite da categoría en máis de dous anos.

- É obrigatorio o uso do traxe tradicional.

- No momento da calificación, o xurado terá en conta:
Autenticidade da peza
Dificultade da mesma.
Afinación e interpretación.
­ O XURADO ESTARÁ COMPOSTO POR PERSOAS ALLEAS Á A.X XACARANDAINA.
O XURADO TERÁ A LIBERDADE DE ESIXIR O D.N.I. OU LIBRO DE FAMILIA ASÍ COMO ESTABLECER PREMIOS DESERTOS SE ASÍ O CONSIDERASE.

- Cada grupo terá un tempo límite de 5 minutos. O grupo que sobrepase dito tempo quedará descalificado.

- Os premios serán os seguintes, na modalidade de pandereteiras e cuartetos:
1º premio: trofeo e 250 €
2º premio: trofeo e 150 €
3º premio: trofeo

- O concurso terá lugar o domingo 27 de Abril no TEATRO COLÓN sito na avda. Da Mariña da Coruña, á mañá para as categorías A e B ca súa entrega de premios correspondente, e pola tarde para a categoría C e D, ca súa entrega de premios correspondente. A hora de presentación, orde e normas serán enviadas previamente ó concurso.

- O prazo de inscripción rematará o día 5 de Abril debendo enviar debidamente cumplimentada a folla de inscripción por:
CORREO ORDINARIO Ó LOCAL SOCIAL: A.X. Xacarandaina, rúa Historiador Vedía, 3 soto 1, 15004 A Coruña.
CORREO ELECTRÓNICO: info@xacarandaina.com
EXCLÚESE A VÍA TELEFÓNICA PARA REALIZAR AS INSCRIPCIÓNS.

- NON SE ADMITIRÁ NINGUNHA INSCRIPCIÓN POSTERIOR A ESA DATA.

A A.X. Xacarandaina proporcionará a folla de inscripción e aclarará calquera dúbida: Telf:981 277 315
28 de marzo de 2008

SELECCIÓN INTERNA 2008

Este ano, as probas de selección interna da Asociación celebraránse o domingo 13 de Abril no teatro do colexio Calvo Sotelo da Coruña.

As actuacións dos grupos comenzarán ás 11:00 h. e se prolongarán ó longo da mañá ata as 14:00 h. aproximadamente.

Moito ánimo a tódolos partipantes, e o resto, non o dubidedes e achegádevos a velos.
28 de marzo de 2008

EXPOSICIÓN DE ARTES PLÁSTICAS

Dende o vindeiro domingo 29 de marzo e ata o 5 abril, poderedes disfrutar das pequenas-grandes obras de arte dos alumnos de pintura, debuxo, óleo... da Asociación.
A exposición tenrá lugar no Forum Metropolitano.

Non o dubidedes e achegádevos a ver.
26 de marzo de 2008

CLASE DE COCIÑA EN MICROONDAS

Este xoves 6 de MARZO, darase unha clase gratuita de COCIÑA EN MICROONDAS no local da Asociación.
O horario será de 16:30h. a 18:00h.

O único que tedes que facer para asitir é apuntarvos no local ou chamando por teléfono (981 277 315).
O día de inscripción para os socios é o 4 de Marzo.
A inscripción para os non socios será o 5 de Marzo.

Agardamos vervos, coma sempre. E despois da clase... ¡a sacarlle o maior partido ó microondas!
29 de febreiro de 2008

5º ROTEIRO DE SENDEIRISMO - ANCARES
CAMIÑA ¡XA!
Xa está preparado todo para un dos roteiros máis esperados... ANCARES

Debido á distancia dende Coruña, e ó moitísimo que temos por ver alí, plantexamos a excursión de xeito diferente ás anteriores. Os días escollidos son o 29 e 30 de Marzo. E temos dúas opcións (dirás a túa escollida no momento de apuntarte):

OPCIÓN A (dúas rutas):
29 de Marzo:
- 10:30 - Saída hacia Piornedo, en coches particulares
- 15:30 - Roteiro I - Piornedo-Suarbol-Moreda (dificultade media)
- Noite no Hotel Piornedo.
30 de Marzo:
- 10:00 - Roteiro II - Piornedo-Mostallar (dificultade alta)
- 18:00 - Regreso á Coruña (chegada ás 21:00)

OPCIÓN B (roteiro único)
29 de Marzo:
- 17:00 - Saída hacia Piornedo, en coches particulares
- Noche no Hotel Piornedo.
30 de Marzo:
- 10:00 - Roteiro Piornedo-Mostallar (dificultade alta)
- 18:00 - Regreso á Coruña (chegada ás 21:00)

O prezo nesta ocasión é de 32€ para os non socios. Os socios pagarán 23€ (desconto do 12%) Non se incluyen os gastos dos coches particulares.

Xa sabedes, pensade qué opción preferides, e apuntádevos no local axiña. Só temos 24 plazas y cubriranse por orde de inscripción.
29 de febreiro de 2008

OBRADOIRO DE BANDA DESEÑADA


Os vindeiros martes 19 e 26 de febreiro, e o 4 e 11 de marzo de 20:00 a 21:30, en XACARANDAINA terá lugar o OBRADOIRO DE BANDA DESEÑADA impartido polo debuxante JOSÉ TOMÁS.

PREZO: 36€
Socios -10% desconto (32€)


¡Apuntadevos!
15 de febreiro de 2008

FESTA DE ENTROIDO


Este ano a festa de antroido será o domingo 3 de febreiro.

O horario será de 17:00 a 19:30.


PREZO:

1€ para os socios
3€ para non socios

Haberá coma sempre, desfile de disfraces, xogos, merenda...

Agardámosvos a todos alí, ide preparando os disfraces!

29 de xaneiro de 2008

IV XUNTANZA - 16 FEBREIRO
O "Grupo de Música e Baile Tradicional Xacarandaina" celebrará a IV XUNTANZA, coa que pretende reunir, ó menos unha vez ó ano, a tódolos compoñentes das diferentes xeracións do Grupo.

Reunirémonos o sábado 16 de Febreiro, no ristorante Fontenova, ás 22.00 h., para cear a xa habitual laconada.
O prezo será de 15 € por persona.

Poderedes apuntarvos no local da Asociación ou chamando por teléfono, ata o día 9 de Febreiro.
Esperamos veros a todos allí.
24 de xaneiro de 2008

3º ROTEIRO DE SENDEIRISMO - CORME
¡E seguimos camiñando! ¡E xa vai o terceiro roteiro!
Nesta ocación o lugar escollido non desmerece ós anteriores. Desplazarémonos ás teerras de Bergantiños, a CORME, visitando Monte Branco, Río Anllóns e Punta do Roncudo.
A expedición sairá o vindeiro domingo, 20 de Xaneiro

- Saída: 9h. en bus, dende o Pazo da Ópera
- Comenzo do roteiro: 10h. (aprox.)
- Parada pra xantar: 14h. (aprox.)
- Regreso: 19h. (aprox.)

PREZO non socios: 12€
PREZO socios: 10€ (desconto 17%)
BUS INCLUIDO


Non esquezades levar:
- Botas trekking
- Roupa cómoda
- Chuvasqueiro
- Bocata y auga
- Mochila con roupa seca

Apuntádevos no local. ¡Agardámosvos!
15 de xaneiro de 2008

PATINAXE SOBRE XEO
Un ano máis, temos dúas datas para ir patinar xuntos sobre xeo.

As datas escollidas son:
venres, 1 de Febreiro ás 17:00 h.
venres, 8 de Febreiro ás 16:30 h.

Ámbolos dous días quedaremos no Coliseum

PREZO socios: 4 €
PREZO non socios: 5 €


É obligatorio levar lubas para poder patinar na pista de xeo.
Apuntádevos no local ou chamando por teléfono ata o día anterior.
15 de xaneiro de 2008

CANTADAS DE NADAL E FIN DE ANO

Este ano non ía ser menos, e como ven sendo costume, reunirémonos na rúa Florida, no lateral da igrexa de San Nicolás, para bailar, cantar, tocar... para celebrar as festas desfrutando do noso folclore.

Os días serán os domingos 23 y 30 de Nadal.

Agardámosvos alí.

CAMBIO DE DATA DA CANTADA DE FIN DE ANO - trasladamos a cantada para o sábado día 29 de Nadal.
13 de decembro de 2007

LUDOTECA DE NADAL 2007-08

¡Xa está preparada a LUDOTECA DE NADAL deste ano!
Agárdanvos xogos tradicionais e cooperativos, manualidades, globoflexia, lectura, películas de animación... Non tardedes en apuntarvos.

Poderán vir nenos e nenas de 3 a 12 anos.
Cada día teremos 5 horas de diversión: de 9 h. a 14h.
E os días serán: 24, 26, 27, 28, 31 de Nadal e 2, 3, 4 de Xaneiro.

Prezo para socios: 7€/día
Prezo para non socios: 9€/día

13 de decembro de 2007

FESTA DE NADAL

As súas maxestades os Reis Magos de Oriente, xa están de camiño á Asociación Xuvenil Xacarandaina. Teñen prevista a súa chegada ó local para o domingo 16 de Nadal ás 17:00 h.

Non olvidedes traer a vosa carta para os Reis, pois eles mesmos volas recollerán.
Faremos unha festa na súa honra na que teremos música, grupos da Asociación bailarán e de seguro que algunha sorpresa máis.

¡Ata o domingo!
09 de decembro de 2007

VACACIÓNS DE NADAL

Este ano colleremos vacacións dende o día 23 de Nadal ata o 6 de Xaneiro ámbolos dous incluídos).
Así, o día 22 de Nadal temos a derradeira clase do 2007 e o 7 de Xaneiro a primeira do 2008.

BO NADAL E FELIZ ANINOVO A TODOS
07 de decembro de 2007

LOTERÍA DE NADAL - 35502

O número có que participa a Asociación Xuvenil Xacarandaina no sorteo da loteria de Nadal é o 35502.
Podedes achegarvos polo local, aínda queda algunha participación dispoñible.

¡BOA SORTE!
07 de decembro de 2007

premios para os alumnos de Xaca

Os dous grupos representantes de Xacarandaina no concurso de baile tradicional organizado pola A.C. Santa María de Torás, o pasado domingo 15 de Novembro, volveron con cadanseu premio baixo o brazo.

Os premios foron:

GARAGAO: 3º premio da categoría A

XARÍO: 2º premio da categoría B


A nosa noraboa para todos eles e, sobretodo, seguide desfrutando có noso baile.

¡Parabéns!
06 de decembro de 2007

2º ROTEIRO DE SENDEIRISMO - MUGARDOS "Ría de Ferrol"

Xacarandaina ten xa preparado o segundo roteiro dentro do programa "Xa-camiña". Terá lugar o sábado 15 de Nadal.
Desta vez camiñaremos por Mugardos, na ría de Ferrol.

- Saída: 9h. en bus, dende o Pazo da Ópera
- Comezo do roteiro: 10h.
- Parada pra xantar: 14h.
- Regreso: 19h. aproximadamente

PREZO non socios: 11€
PREZO socios: 9€ (desconto 20%)
BUS INCLUIDO


Non esquezades levar:
- Botas trekking
- Roupa comoda
- Chuvasqueiro
- Bocata e auga
- Mochila con roupa seca

Apuntádevos no local. ¡Agardámosvos!

05 de decembro de 2007

1º ROTEIRO DE SENDEIRISMO - CHELO "As beiras do Mandeo"


O vindeiro domingo día 11 de Novembro, Xacarandaina prepara a primeira ruta de sendeirismo, dentro das sete que temos organizadas para este curso 2007-2008.

O primeiro roteiro: CHELO


- Saida as 9h, en coches particulares dende o Pazo da Ópera.
- Comezo sobre as 10h
- Almorzo sobre as 14h
- Regreso sobre as 18h

PREZO: 3€
Socios 50% desconto (1,5€)

Non esquecerse de levar:

- Botas trekking
- Roupa cómoda
- Chuvasqueiro
- Bocata e auga
- Mochila con roupa seca no coche

Apuntádevos no local!

07 de novembro de 2007

VISITAS XACULTURAIS


Visita guiada á exposición: "PICASSO. Laboratorio de estilos: RETRATOS FEMENINOS".

Na fundación Barrié, na Coruña, (Cantón grande, 9)

Venres 9 de novembro de 15.50 a 17.00h.

PREZO: gratis

Pódese apuntar calqueira persona, socia ou non.cada socio pode vir cun acompañante, sexa socio ou non socio.

07 de novembro de 2007

RESOLUCION ASAMBLEA XERAL ORDINARIA

Na Asemblea Xeral Ordinaria que tivo lugar o Domingo 23 de Setembro ás 20:00 en primeira convocatoria e ás 20:30 en segunda no local social da Asociación Xuvenil Xacarandaina, quedou constituida a nova Xunta Directiva polos seguintes membros:

- Presidenta: Patricia Miño Fariña
- Vicepresidenta: Laura Canoura Otero
- Secretaria: Miriam Ansede García
- Tesoureiro: Martín Río Cayón
- Vocal de Grupo: Fátima Freire Castro
- Vocal de Círculo: Iria López Barros
- Vocal de Recursos e Eventos: Ana Fernández Lavandeira
- Vocal de Prensa e Publicidade: Miriam Luaces Lago

Quedará a disposición de todos os socios que o soliciten a ACTA da Asemblea.
14 de outubro de 2007

CURSO DE INICIACION A LINGUAXE DE SIGNOS ESPAÑOLA

¡NOVAS DATAS E HORARIOS!

O curso de iniciación a linguaxe de signos española está organizado pola A.X. Xacarandaina, e estará impartido por profesorado da federación de asociacions de persoas xordas de Galicia, FAXPG

O finalizar o curso de iniciación recibiráse un diploma acreditando a superación do mesmo, expedido pola FAXPG.

Este será a primeira fase do curso de iniciación, contando con 30 horas lectivas. O computo total do curso de iniciación será de 120 horas.


PREZO:

Curso completo: 100€
Socios 12% Desconto:88€

3 Plazos:34 €/mes
Socios 12% Desconto: 30€/mes


Duracion: 30 horas

Horario: Martes e xoves de 20:30 a 22:30

Dende o 4 de Decembro ó 12 de Febreiro

Inscrición: A folla de inscrición debese cubrir e entregar no local da A.X. Xacarandaina antes do 26 de Novembro.

12 de outubro de 2007

Novo curso na Asociación
Comeza o curso de actividades 2007-2008 na Asociación Xuvenil Xacarandaina.
08 de outubro de 2007

Inscrición curso de actividades 2007/2008

Comeza o periodo de inscrpción de setembro de 18:00 a 21:00 horas de luns a venres.

DATAS E HORARIOS DE MATRÍCULA:

A matrícula pódese facer a través desta páxina clicando en "matricula" ou ben no local social da Asociación nas seguintes datas:

A partires do 3 de setembro para socios.
A partires do 10 de setembro para non socios.

Para ver horarios pódese clicar en "Círculo de Actividades de Tempo libre"

CÍRCULO DE ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE:

Encádrase dentro da "Asociación Xuvenil Xacarandaina". O seu obxectivo principal é a educación para o disfrute e mellor uso do tempo libre e de lecer. Con este fin ofrécense varias actividades nos eidos da música, folclore, teatro, artes plásticas, artesanía, etc.
Ó longo do ano organízanse ademáis outras actividades como: concursos, exposicións, campamentos, visitas culturáis, rutas de sendeirismo, cursos monográficos.....
Este ano contamos con varias actividades novas que son: reciclarte, bailes de salón e latinos (para nenos de 12 a 18 anos), xogos de lóxica e xadrez, batuka/aerobic, linguaxe musical (solfexo) e clarinete.
Ademáis este ano realizarase unha actividade nova chamada "GORECHOS" para nenos de 4 a 6 anos que consistirá nun tempo no que os pais poderán deixar ós seus fillos no local da Asociación nunhas horas determinadas e os nenos realizarán distintas actividades como: baile, música, xogos, manualidades, contacontos, iniciación á lectura.........

CONDICIÓNS ECONÓMICAS:

Os prezos variarán dependendo da actividade e da súa duración, do número máximo de alumnos por clase e da condición do alumno, segundo sexa socio ou non socio.
Os socios terán que aboar unha cota anual de socio (15 €) e estarán exentos de aboar os gastos da matrícula, obtendo desconto en todas as actividades.
Os non socios terán que facer efectivos uns gastos de matrícula (19 €) no momento da formalización, e non obterán desconto algún. Cando unha persoa, socia ou non socia, asista a dúas ou máis actividades obterá un desconto de 1,00 € en cada unha delas; este desconto farase tamén cando varios membros dunha mesma familia (pais, fillos ou irmáns), asistan, como mínimo, a unha actividade cada un.

ABONO DAS COTAS:

Os abonos da cota de socio ou matrícula e a cota de outubro faranse no momento da inscrición. As cotas mensuáis restantes abonaranse ó comezo de cada mes no local da Asociación ou ben a través do seu banco sen cargo adicional por gastos de domiciliación.

NOTA:

- Pra darse de BAIXA NUNHA ACTIVIDADE antes de rematar o curso, deberá comunicalo CUN MES DE ANTICIPACIÓN. De non facelo así, estará obrigado a aboar a cota do mes seguinte ó da baixa, aínda que non asista á actividade.
- As actividades comezarán o día 1 de outubro e rematarán a fináis de xuño.
- As clases cubriranse por rigurosa orde de inscrición.
07 de setembro de 2007

Cambio de lugar Gala Betanzos

Por mor do mal tempo, a gala de hoxe día 20 de Agosto, en Betanzos, trasladase ó polideportivo O Carregal, á mesma hora, ás 22:30.

Disculpade as molestias
20 de agosto de 2007

ESPECIAL "ALALÁ"


Este venres 3 de agosto, emitirase, na Televisión de Galicia, o "Especial ALALÁ" no que participará o Grupo de Música e Baile Tradicional Xacarandaina.

A cita será ás 21:45. ¡Non o esquezades1

02 de agosto de 2007

Galas "Prestixio" Verán 2007

Xa temos datas das galas deste verán. Os sitios onde se representará PRESTIXIO son:

- 5 DE AGOSTO - RIANXO
- 10 DE AGOSTO - BOIMORTO
- 14 DE AGOSTO - BURELA
- 20 DE AGOSTO - BETANZOS
- 25 DE AGOSTO - SADA


Se ainda non vichedes PRESTIXIO, ou queredes volver a velo, xa sabedes.

Saúdos!
18 de xullo de 2007

Final Concurso Baile

O concurso comenzará ás 11:00 da mañá. Os grupos deberán presentarse ás 10:15 horas puntualmente na porta de cristal que está ó lado da entrada do esceario (entrada Parque Santa Margarida).

VENDA DAS LOCALIDADES

Precio das entradas: 5 €.

Venta de entradas:

-Na páxina web www.caixagalicia.es ou ben no teléfono 902 434 443: Xoves 12 , Venres 13 e sábado 14 .
­-Taquilla do Palacio da Ópera o domingo 15 de xullo a partir das 10:00 horas.


Unha vez efectuada a compra das entradas poderan ser retiradas:

-na taquilla o día do Concurso.
-ou ben, nunha oficina de Caixa Galicia escollida polo cliente.
12 de xullo de 2007

MATRÍCULA ABERTA PARA SOCI@S


Xa está aberta a matricula para soci@s para o vindeiro curso 2007-2008, no local da asociación.

Os non socios terán que esperar a Setembro para facelo.

En breve poderedes facela matrícula mediante a web.

27 de xuño de 2007

Foliada e Romaria do Lecer

Despois dun duro ano de traballo chega a festa das festas por excelencia... a VII Romaria do Lecer!

O sábado 16 de Xuño, terá lugar no Paseo das Pontes a Foliada, a partires das 9 da noite, onde grupos de toda galicia tocaremos unhas peziñas para que os bailadores mais animosos botedes uns bailes.

O domingo 17 de Xuño, durante todo o día haberá no mesmo lugar, a clausura das actividades da Asociación, e ademais haberá sorteo de agasallos, torneo de tute, obradoiros de artesáns, xogos para os mais pequenos, polbo, churrasco e bochinche para o que teña fame... ¡Temos de todo!

Xa sabedes... O plan promete, así que esperamos vervos por alí, xa sabedes, 16 e 17 de Xuño no Paseo das Pontes.
06 de xuño de 2007

Cambio de data da Final do Concurso de Baile
Por motivos alleos á organización da Final do Concurso de Baile, comunicamos que a nova data para dito concurso será o día 15 de Xullo no Pazo da Ópera. Disculpade as molestias.
04 de xuño de 2007

GRUPOS CLASIFICADOS PARA A FINAL DE BAILE
Os grupos clasificados para a final de Baile Tradicional que terá lugar o día 15 de Xullo no Pazo da Ópera, despois de participar na eliminatoria do día 27 de maio, foron os seguintes:

Categoría A:
- "I" da Escola de Muiñeira Cantigas e Agarimos - Santiago
- "Teirón" da A.R.E.D. San Martín - Razo
- "Escornabois" da A.F. Santiaguiños - Boimorto
- "A" da Agrupación Municipal Tequexetéldere - A Estrada

Categoría B:
- "Farrapo" da A.F. San Lorenzo de Agualada
- "Lareteiros" da A.X. Xacarandaina
- "Mar Adentro" da A.C. As Neves de Buxantes
- "Garagao" da A.X. Xacarandaina
- "B" da Agrupación Municipal Tequexetéldere - A Estrada
- "B" do Grupo de Baile e Música "Tahume" - Olveira
- "D" da Escola de Muiñeira Cantigas e Agarimos - Santiago
- "Pedravixía" da A.C. Adro - Baio

Categoría C:
- "C" da Escola de Muineira Cantigas e Agarimos - Santiago
- "Seara" da A.C. Arume - Verdillo
- "Bulideiro" da A.V.V. A Coteleira - Cores
- "Carabilla" da A.X. Xiradela - Arteixo
- "Xarío" da A.X. Xacarandaina
- "B" da Escola de Muiñeira Cantigas e Agarimos - Santiago
- "Béltrago" da A.X. Xacarandaina

Categoría D:
- "Abrente" da A.C. Queiroa - Laracha
- "Bulideiro" do Colexio Público Salgado Torres
- "D" da Agrupación Municipal Tequexetéldere - A Estrada
- "A" da Escola de Muiñeira Cantigas e Agarimos - Santiago
- "Brétema" da Casa Galega de L´Hospilatet
- "Fusos e rocas" da A.C.F. "O Fiadeiro" - Vigo
- "Repenicoque" da A.X. Xiradela - Arteixo
- "D" do Grupo de Música e Baile Tradicional Tahume - Olveira
27 de maio de 2007

25 ANIVERSARIO DO DÍA DA MUIÑEIRA
O vindeiro domingo día 3 de Xuño nos Xardíns de Méndez Núñez celebrarase o Día da Muiñeira que este ano chega ó seu XXV Aniversario.
Como tódolos anos, realizarase un desfile de tódolos participantes no acto que partirá da Praza de Mª Pita sobre as 17:30 e que irá polos Cantóns hacia os Xardíns.
Sobre as 17:45 e cando tódolos grupos estean colocados, procederase á lectura do pregón, q fará Felipe Senén, coñecido historiador e antigo director do Museo Arqueolóxico de A Coruña.
Despois virá o lanzamento das bombas de palenque e a solta de globos.
Seguidamente, os participantes bailarán simultáneamente tres muiñeiras de cinco voltas e catro puntos.
Despois disto actuarán as pandereteiras e gaiteiros do Grupo de Música Tradicional Xacarandaina.
Este ano, con motivo do XXV Aniversario, ó finalzar as tres muiñeiras, daranse CLASES DE MUIÑEIRA GRATUITAS a todas aquelas persoas que desexen pasar un bo rato, formando parte da nosa cultura e folclore tradicional. A estas clases están invitados os representantes dos tres partidos políticos principais da nosa cidade: BNG, PSOE e PP.
15 de maio de 2007

CONCURSOS

Debido a un erro, non se aclarou a data límite de inscripcion para os concursos deste ano na páxina web.

A data límite foi o día 4 de maio, como constaba nas bases do concurso que foron xunto as inscripcións.

Disculpade as molestias que esto puidera ocasionar.

Graciñas!
07 de maio de 2007

TEATRO


O vindeiro mércores 3 de Maio, as 19:30 os alumnos de teatro farán unha representacion no teatro do Colexio Calvo Sotelo.

¡Animadevos e ir, seguro que pasaredes un bo rato!

02 de maio de 2007

CONCURSO DE MÚSICA E BAILE TRADICIONAL


Este ano o Concurso de Música Tradicional terá lugar o domingo día 20 de Maio, ó longo de todo o día, tanto a modalidade de Pandeireta como de Gaita. A cita será na Laboral, como estes últimos anos.


O domingo día 27, tamén o longo de todo o día, terán lugar as eliminatorias do Concurso de Baile Tradicional, tamén na Laboral. Os grupos de baile seleccionados bailarán na final do día 8 de Xullo no Pazo da Ópera.


02 de maio de 2007

Selección Interna

O Vindeiro día 29 de Abril, domingo, as 16:30 horas, celebrarase no I.E.S. Crucero Baleares(LABORAL) as probas de Selección Interna.

Este ano faremos nun mesmo día as seleccións de Baile, Pandeireta e Gaita, e como non, contaremos coa colaboración dos alumnos de Teatro, de Clarinete e de Acordeón.

Esperamos vervos por alí.

Apertas!
15 de abril de 2007

XACARANDAINA EN ALALÁ


O vindeiro martes, na Televisión de Galicia, as 21:30 emitirase o programa Alalá, que esta vez estará dedicado a nosa asociación.

15 de abril de 2007

III XUNTANZA DO GRUPO DE BAILE E MÚSICA TRADICIONAL

Perdoade as tardanzas, pero andabamos a buscar un lugar axeitado para a ocasión.

O vindeiro sábado, día 24 de Marzo, , terá lugar a III Xuntanza do Grupo de Música e Baile Tradicional, na que como ven sendo dende anos atrás, reunense membros e ex-membros do grupo.

Así mesmo, aproveitando a reunión, celebraremos os 25 anos de Henrique Peón coma director do Grupo

A cita será no Hotel Barceló, de Matogrande, ás 21:30, e o prezo será de 36 €.

Para apuntarvos non tedes máis que chamar por teléfono, mandar un e-mail ou pasarvos polo local.

Esperámosvos
13 de marzo de 2007

FESTA ENTROIDO

O vindeiro sábado 17, tendrá lugar no local da Asociación a festa de Antroido, de 17:00 a 19:30.

Haberá xogos, música, premios e merenda.


Precios:

Socios:1€
NON Socios:3€

Apuntádevos na oficina e non olvidedes os disfraces na casa.

Vémonos.

15 de febreiro de 2007

CANTADA DE ENTROIDO

O vindeiro luns día 19, tendrá lugar a CANTADA de ENTROIDO. A cita será a partires das 21:00, onde sempre, na rúa Florida.

Animádevos e vir botar uns bailes.

Esperámosvos.
15 de febreiro de 2007

PRESTIXIO en Vigo


O vindeiro domingo día 11 de Febreiro, ás 20:30 horas, o Grupo de Música e Baile Tradicional Xacarandaina representara o espectáculo PRESTIXIO no Auditorio Caixanova, en Vigo.


Entradas á venda en www.servinova.com

05 de febreiro de 2007

ENTRADAS XA Á VENDA

O Grupo de Música e Baile Tradicional Xacarandaina pide desculpas polas molestias ocasionadas pola venda de entradas para a representación do novo espectáculo PRESTIXIO, para o próximo sábado día 27, xa que por problemas alleos ó grupo, non se puideron poñer á venda cando desexábamos que se fixera, e cando anunciáramos.

Mañán mércores, 24 de Xaneiro, confírmase que estarán á venta as entradas en www.caixagalicia.es ós precios que xa se acordaran, 6, 8, 10 e 12€. E o mesmo día da actuación, as entradas estáran disponibles nas taquillas do Pazo da Ópera.

Pedimos desculpas de novo polas molestias que piuderamos ocasionar.

23 de xaneiro de 2007

SENDEIRISMO
Este domingo día 21, pola mañá.

Será unha ruta sinxela e curta, para todas as idades e para todos os públicos, especialmente pensada para familias e para iniciados no tema.

Quedamos para saír ás 10:00 na estación de autobuses. Imos no bus de liña, ou o que queira en coche particular, pero terá que estar en Mera ás 10:45.

A ruta sae de Mera, hacia a Aula do Mar, no Faro, alí teremos unha visita guiada da aula e dos arredores, as furnas e a paisaxe. Despois continuamos ata o Seixo Branco e o porto de Dexo, onde pararemos a comer sobre as 14:00.

Despois volveremos a Mera, para coller o bus ás 15:45, ou o coche.


PREZOS

Socios: 3€
Non socios: 5€


Lembrade só tedes que levar o xantar e auga. Levade roupa e calzado cómodo e un chuvasqueiro.

¡¡Apuntádevos xa!!
17 de xaneiro de 2007

PRESTIXIO NO PAZO DA ÓPERA DA CORUÑA

O vindeiro sábado 27 de Xaneiro, ás 20:30 horas, o Grupo de Música e Baile Tradicional Xacarandaina representará o seu novo espectáculo PRESTIXIO no Pazo da Ópera da Coruña.

As entradas estarán á venda por anticipado a semana da actuación en www.caixagalicia.es e ese mesmo día 27 de Xaneiro nas taquillas do Pazo da Ópera. O coste das entradas será: 6, 8, 10 ou 12 € segun a zona elixida.

Esperámosvos
16 de xaneiro de 2007

¡Bo Nadal!

A Asociación Xuvenil Xacarandaina desexavos a todos un bo Nadal e un próspero ano novo.

BO 2007 PARA TODOS
24 de decembro de 2006

CANTADAS DE NADAL E FIN DE ANO

Como todos os anos celebraremos as tradicionais cantadas do Nadal e Fin de Ano.
As festas terán lugar, igual que todos os anos, na rúa Florida xusto no lateral da iglexa de San Nicolás, sobre as 22:00 horas os vindeiros sábados 23 e 30 de decembro.

¡Animadevos a vir!
19 de decembro de 2006

LUDOTECA DE NADAL
Nestas vacacións escolares Xacarandaina non pecha, cambiamos a rutina diaria das clases, por unha LUDOTECA para os máis novos, de 4 a 12 anos.

O Horario será de 9 a 14h, toda a mañá, aínda que non hai horario de entrada fixo, podedes vir máis tarde se queredes, cada un verá o que quere madrugar.

Durante este tempo faremos moitas actividades, sobre todo manualidades de decoración e reciclaxe, globoflexia, papiroflexia, tamén algo de música, xogos, contacontos...

Que días? pois todos os laborables, de Nadal o 26,27,28 e 29, e en Xaneiro tamén de martes a venres, o 2,3,4 e 5

Ah, e o prezo bastante axustadiño:

SOCIOS
Ludoteca completa (8 días) --- 42€
Día solto --- 6€

NON SOCIOS
Ludoteca completa (8 días) --- 56€
Día solto --- 8€

Só recordarvos que veñades os días que veñades tedes que apuntarvos XA!! na oficina.
19 de decembro de 2006

Festa de Nadal
O vindeiro domingo día 17 de Decembro, celebrarase no local da asociación a festa de Nadal, na que contaremos ca visita de SS.MM. os Reis Magos de Oriente e na que ademáis contaremos con contacontos, globoflexia, actuacions de grupos de música tradicional e de bailes latinos.

A PARTIRES DAS 18:00 H.

Animadevos a vir e non olvidedes as vosas cartas que os Reis Magos estaranvos esperando.
11 de decembro de 2006

Vacacións de Nadal
Este ano collemos vacacións de Nadal do día 23 de Decembro ó 7 de Xaneiro.

¡¡A pasalo ben!!
11 de decembro de 2006

LOTERIA DE NADAL
Xa está dispoñible na A.X. Xacarandaina a LOTERÍA DE NADAL co número 80.724, con participacións de 2 e 5 €.

BOA SORTE!
23 de novembro de 2006

Asamblea xeral extraordinaria
Na Asemblea Xeral Ordinaria que tivo lugar o Domingo 12 de Novembro ás 20:00 en primeira convocatoria e ás 20:30 en segunda no local social da Asociación Xuvenil Xacarandaina quedou constituida a nova Xunta Directiva polos seguintes membros:

- Presidente: Manuel Liste Morlán
- Vicepresidente: René Gómez Martínez
- Secretaria: Miriam Ansede García
- Tesoureira: Patricia Miño Fariña
- Vocal de Grupo: Fátima Freire Castro
- Vocal de Círculo: Martín Río Cayón
- Vocal de Recursos e Eventos: Ana Fernández Lavandeira
- Vocal de Prensa e Publicidade: Miriam Luaces Lago

Quedará a disposición de todos os socios que o soliciten a ACTA da Asemblea.
13 de novembro de 2006

Asamblea Xeral Extraordinaria
Convocase a tódolos socios á Asamblea Xeral Extraordinaria que terá lugar o vindeiro domingo 12 de Novembro no local social, sendo a primeira convocatoria as 20:00 horas e a segunda convocatoria ás 20:30. A orde do día será a seguinte:

1. lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.
2. Elección dos cargos da xunta directiva vacantes:
- Presidencia
- Vocalía de festas e recursos varios
3. Suxerencias, rogos e preguntas.

Prégase asistencia
13 de outubro de 2006

Foliada en Arteixo
O vindeiro sábado día 7 de Outubro, a Asociación Xuvenil Xiradela de Arteixo celebra a súa II Foliada a partires das 22:30 no Paseo Fluvial de Arteixo. Haberá bochinche, ademáis da actuación de diversos grupos do noso folclore, entre os que estarán as pandereteiras e os gaiteiros do Grupo de Música Tradicional Xacarandaina.
02 de outubro de 2006

Asamblea xeral ordinaria
Na Asemblea Xeral Ordinaria que tivo lugar o Domingo 24 de Setembro ás 20:00 en primeira convocatoria e ás 20:30 en segunda no local social da Asociación Xuvenil Xacarandaina quedou constituida a nova Xunta Directiva polos seguintes membros:

- Presidente: vacante
- Vicepresidente: Manuel Liste Morlán
- Secretaria: Miriam Ansede García
- Tesoureira: Patricia Miño Fariña
- Vocal de Grupo: Fátima Freire Castro
- Vocal de Círculo: Martín Río Cayón
- Vocal de Recursos e Eventos: vacante
- Vocal de Prensa e Publicidade: Miriam Luaces Lago

Ademáis acordouse que a cuota de socio para os menores de 3 anos sexa gratuita. Quedará a disposición de todos os socios que o soliciten a ACTA da Asemblea.
01 de outubro de 2006

TENDA ACTUALIZADA
Xa está actualizada a TENDA de www.xacarandaina.com
¡Visitadea!
Para calquera dúbida escribide a info@xacarandaina.com
24 de setembro de 2006

Inscrición curso de actividades 2006/2007
Comeza o periodo de inscrpción de setembro de 18:00 a 21:00 horas de luns a venres.
A partires do 1 de setembro para socios.
A partires do 11 de setembro para non socios.
A información para o novo curso encóntrase detallado na noticia do 6 xullo
Para ver horarios pódese clicar en "Círculo de Actividades de Tempo libre"
01 de setembro de 2006

PRESTIXIO
Este é o relato dun ano de vida de Don Lourenzo Folgoso, "O Golpellás", natural de Viñoás no concello ourensán de Nogueira de Ramuín, e de profesión afiador.
- Eu marchei aquil ano porque tiña un soño...ver o mar.
Así comeza o novo espectáculo etnográfico "PRESTIXIO" do Grupo de Música e Baile Tradicional Xacarandaina, co que pretendemos ensalzar o folclore e as diferentes festas da nosa Galiza: a romaría, a voda, o nadal, o San Xoán, ....
Con esta súa nova andaina no eido da divulgación da cultura de Galiza, Xacarandaina crea Prestixio, espectáculo de música e baile tradicional co que se pretende dignificar unha das rexións do país máis interesantes: Bergantiños e a súa Costa da Morte. A súa situación xeográfica (cerrada en gran parte polo mar e lonxe da influencia dos grandes núcleos de poboación urbana), fai desta comarca unha zoa illada, o que contribúe así á conservación de gran número de tradicións, cargadas de elementos arcaizantes, e de sabor único, que resaltan a súa singularidade e o seu enxebrismo.
Prestixio é froito dun intenso traballo de campo e investigación etnográfica que Xacarandaina está a realizar dende hai case trinta anos en Bergantiños, e en especial, na súa tan levada e traída Costa da Morte. Neste espectáculo amósanse bailes, danzas, cancións, músicas, traxes e tradicións que conforman no seu conxunto un ciclo do ano nesas terras; abranguendo todos os seus aspectos nas súas múltiples manifestacións, e ensinando a riqueza e variedade dunha cultura milenaria, con fondas raíces que aínda perviven nas súas esencias.
A utilización de son, luminotecnia, sons naturais e unha esmerada posta en escena, ademais dun elenco de 50 artistas entre bailaríns, cantantes, músicos e actores, fan deste espectáculo algo novidoso e único no eido da cultura galega. En Prestixio conxúganse diferentes artes escénicas recuperando os costumes no seu estado máis puro, tal como foron compilados, servindo de transmisor entre os informantes e o público.
A estrea de "PRESTIXIO" terá lugar o vindeiro venres 25 de agosto ás 22:30 na Praza do Convento de Pontedeume, tendo a súa continuación o sábado 26 de agosto ás 22:30 na Praza dos Libros de Carballo, o venres 1 de setembro en Dodro e o sábado 2 de setembro en Soutomaior.
18 de agosto de 2006

Grupo de Música e Baile Tradicional
Despois das actuacións do Grupo de Música Tradicional Xacarandaina en Boimorto o día 23 de xullo, en Miño o sábado 5 de agosto e en Rianxo o luns 14 de agosto, o Grupo de Música e Baile Tradicional Xacarandaina viaxa esta noite á vila salmantina de Alba de Tormes para participar no Festival do mesmo nome, que durará todo o fin de semana.
18 de agosto de 2006

ASAMBLEA XERAL ORDINARIA
Convócase a todos os socios á ASAMBLEA XERAL ORDINARIA que terá lugar o vindeiro domingo 24 de setembro no local social, sendo a primeira convocatoria ás 20:00 horas e a segunda convocatoria ás 20:30 horas.
A orde do día será a seguinte:
1. Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.
2. Informe das actividades do C.A.T.L. (Círculo) Xacarandaina
3. Informe das actividades do G.M.B.T. (Grupo) Xacarandaina
4. Informe das actividades de carácter aberto da Asociación.
5. Exame de contas e balance.
6. Elección dos seguintes cargos da Xunta Directiva:
6.1. Cargos vacantes:
- Vocalía de Grupo
- Vicepresidencia
6.2. Cargos saíntes:
- Presidencia
- Secretaría
- Vocalía de Círculo
- Vocalía de Festas
7. Modificación da cuota de socio para os menores de 3 anos.
8. Suxerencias, rogos e preguntas.

Prégase asistencia.
04 de agosto de 2006

Gañadores do XXVII Concurso de Baile Tradicional
Os grupos gañadores do XXVII Concurso de Baile Tradicional celebrado o domingo día 9 de Xullo no Pazo da Ópera de A Coruña foron os seguintes:

CATEGORÍA A (ata 8 anos):

1º premio: "Regalía" da A.V. A Coteleira (Nemeño)
2º premio: "A" da Agrupación Municipal "Tequexetéldere" (A Estrada)
3º premio: "A" da Escola Municipal de Folclore de Betanzos

CATEGORÍA B (de 9 a 12 anos):

1º premio: "Mar adentro" da Asociación Cultural "As Neves" de Buxantes
2º premio: "B" da Asociación Municipal "Tequexetéldere" (A Estrada)
3º premio: "Lareteiros" da Asociación Xuvenil Xacarandaina

CATEGORÍA C (de 13 a 16 anos):

1º premio: "C" da Escola de Música "Cantigas e Agarimos" (Santiago)
2º premio: "Xarío" da Asociación Xuvenil Xacarandaina
3º premio: "B" da Escola de Música "Cantigas e Agarimos" (Santiago)

CATEGORÍA D (a partires de 17 anos):

1º premio: "A" da Escola de Música "Cantigas e Agarimos" (Santiago)
2º premio: "Valarego" da Asociación Xuvenil Xacarandaina
3º premio: "Abrente" da Asociación Cultural "Queiroga" (Paiosaco)
11 de xullo de 2006

Condicións xeráis para a inscrición do curso 2006/07
CÍRCULO DE ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE:

Encádrase dentro da "Asociación Xuvenil Xacarandaina". O seu obxectivo principal é a educación para o disfrute e mellor uso do tempo libre e de lecer. Con este fin ofrécense varias actividades nos eidos da música, folclore, teatro, artes plásticas, artesanía, etc.
Ó longo do ano organízanse ademáis outras actividades como: concursos, exposicións, campamentos, visitas culturáis, rutas de sendeirismo, cursos monográficos.....
Este ano contamos con varias actividades novas que son: reciclarte, bailes de salón e latinos (para nenos de 12 a 18 anos), xogos de lóxica e xadrez, batuka/aerobic, linguaxe musical (solfexo) e clarinete.
Ademáis este ano realizarase unha actividade nova chamada "GORECHOS" para nenos de 4 a 6 anos que consistirá nun tempo no que os pais poderán deixar ós seus fillos no local da Asociación nunhas horas determinadas e os nenos realizarán distintas actividades como: baile, música, xogos, manualidades, contacontos, iniciación á lectura.........


CONDICIÓNS ECONÓMICAS:

Os prezos variarán dependendo da actividade e da súa duración, do número máximo de alumnos por clase e da condición do alumno, segundo sexa socio ou non socio.
Os socios terán que aboar unha cota anual de socio (15 €) e estarán exentos de aboar os gastos da matrícula, obtendo desconto en todas as actividades.
Os non socios terán que facer efectivos uns gastos de matrícula (19 €) no momento da formalización, e non obterán desconto algún. Cando unha persoa, socia ou non socia, asista a dúas ou máis actividades obterá un desconto de 1,00 € en cada unha delas; este desconto farase tamén cando varios membros dunha mesma familia (pais, fillos ou irmáns), asistan, como mínimo, a unha actividade cada un.


ABONO DAS COTAS:

Os abonos da cota de socio ou matrícula e a cota de outubro faranse no momento da inscrición. As cotas mensuáis restantes abonaranse ó comezo de cada mes no local da Asociación ou ben a través do seu banco sen cargo adicional por gastos de domiciliación.


DATAS E HORARIOS DE MATRÍCULA:

A matrícula pódese facer a través desta páxina clicando en "matricula" ou ben no local social da Asociación nas seguintes datas:

Socios:
Xullo: de luns a venres de 10:00 a 13:00.
Setembro: de luns a venres de 18:00 a 21:00.

Non socios
A partires do 11 de Setembro: de luns a venres de 18:00 a 21:00.

NOTA:
- Pra darse de BAIXA NUNHA ACTIVIDADE antes de rematar o curso, deberá comunicalo CUN MES DE ANTICIPACIÓN. De non facelo así, estará obrigado a aboar a cota do mes seguinte ó da baixa, aínda que non asista á actividade.
- As actividades comezarán o día 1 de outubro e rematarán a fináis de xuño.
- As clases cubriranse por rigurosa orde de inscrición.
06 de xullo de 2006

Relación de grupos clasificados no Concurso de Baile
Os grupos clasificados para a final de Baile Tradicional que terá lugar o día 9 de Xullo no Palacio da Ópera, despois de participar nas eliminatorias dos días 21 e 28 de maio, foron os seguintes:
Categoría A:
- "A" da Escola Municipal de Folclore de Betanzos
- "Xirimbao" da A.X. Xacarandaina
- "Regalía" da A.V.V. A Coteleira de Nemeño
- "A" da Agrupación Municipal Tequexetéldere de A Estrada

Categoría B:
- "Farrapo" da A.C. San Lorenzo de Agualada
- "Lareteiros" da A.X. Xacarandaina
- "Mar Adentro" da A.C. As Neves de Buxantes
- "Baile e Música Tradicional Tahume de Olveira"
- "B" da Agrupación Municipal Tequexetéldere de A Estrada
- A.C. Xirandola de Bandeira
- "B" da Asociación Cultural "Raigañas" de Cerqueda
- "Os Caralludos" da A.C. Castro-Meda - Zas

Categoría C:
- "Minchas" da A.C. Malante - Malpica
- "Caranicos" da A.X. Xacarandaina
- "C" da Escola de Música "Cantigas e Agarimos"
- "C" da Asociación Municipal Tequexetéldere de A Estrada
- "Brindeiros" da A.X. Regueifa de Bembibre
- "Brétema" da Casa Galega de L´Hospitalet
- "Xarío" da A.X. Xacarandaina
- "B" da Escola de Música Cantigas e Agarimos
- "Béltrago" da A.X. Xacarandaina

Categoría D:
- "Abrente" da A.C. Queiroga - Paiosaco
- "Bulideiro" do Colexio Público Salgado Torres
- "Azougue" da Escola Municipal de Folclore de Betanzos
- "Valarego" da A.X. Xacarandaina
- "D" da Agrupación Municipal Tequexetéldere de A Estrada
- "A" da Escola de Música "Cantigas e Agarimos"
- "Brétema" da Casa Galega de L´Hospilatet
- "Fusos e rocas" da A.C.F. "O Fiadeiro"
- "Albameiros" da A.X. Xacarandaina
18 de xuño de 2006

VI Romaría do Lecer
Os vindeiros días 17 e 18 de Xuño celebrarase a "VI ROMARÍA DO LECER" no Parque de Santa Margarida.
O sábado terá lugar a "GRAN FOLIADA", onde grupos como Xiradela, Donaire, Cántigas da Terra, O Fiadeiro, Xacarandaina... e todos os que queiran e se animen poderán bailar e tocar a partires das 21:00 horas.
O domingo a partires das 11:00 horas e durante todo o día realizarase a "Clausura de Actividades" da A. X. Xacarandaina, con xogos para os nenos, contacontos, e moitas sorpresas máis.
¡Vinde e disfrutade de dous días de festa con bochinche, pulpo, churrasco e oficios tradicionais!
09 de xuño de 2006

Premios do Concurso de Música 2006
Os premiados na modalidade de pandereteiras/os celebrado o 28 de maio foron os siguientes:
CATEGORÍA C (de 14 a 17 anos):
-1º premio: "Taín" da A.C. ADRO - BAIO
-2º premio: "Asociación Cultural Tremiñado - PONTEAREAS"
-3º premio: Deserto por decisión do xurado.
CATEGORÍA D (dende os 18 anos):
-1º premio: "Os Muiños - OLIVEIRA"
-2º premio: "Donaire", da A.C. Donaire
-3º premio: "Veña que vai" - CANGAS DO MORRAZO.
Os xurados de pandeireta foron Lucía López Trigo, Mª Susana Otero Pazos e Rosa Mª Abelenda Esmorís

Os premiados na modalidade de cuartetos de gaita celebrado o 21 de maio foron os seguintes:
CATEGORÍA C (maiores de 18 anos):
-1º premio: S.C.R e D "O Castro" - MIÑO
-2º premio: "Alxibe" da Asociación Cultural Tremiñado - PONTEAREAS.
-3º premio: "Sta. María" da E.M.F. de Betanzos.

Os xurados de gaita foron Xosé Tabeada Sánchez, Jorge López Díaz e Manuel Viqueira Noya
28 de maio de 2006

Exposición de pintura no Forum
A partires do venres 26 de maio e ata o próximo 3 de xuño, os alumnos de artes plásticas da A.X. Xacarandaina realizarán a exposición dos traballos realizados ó longo do curso 2005-2006 no Fórum Metropolitano de A Coruña.
Aproveitando dito evento os asistentes á clase de teatro de Xacarandaina realizarán a súa exhibición anual no Fórum Metropolitano coa obra "Amoris Causa", que terá lugar o venres 26 de maio ás 18:30 horas.
As invitacións poden retirarse o día anterior na asociación, e o mesmo día da actuación no propio Fórum.
25 de maio de 2006

XXIV Día da Muiñeira
O domingo 4 de xuño terá lugar a XXIV edición do Día da Muiñeira organizado pola A.X. Xacarandaina.
Como todos os anos, celebrarase con carácter de exhibición e participarán os grupos de diferentes asociacións de toda Galicia.
O acto comezará cun pequeno pasarrúas dende a rúa "Riego de Agua" ata os Xardíns de Méndez Núñez, onde, trala lectura do pregón, terá lugar a exhibición con tres muiñeiras bailadas á vez por todos os grupos participantes.
Todas aquelas asociacións que queiran participar, poden acudir ó local da asociación de luns a venres de 10:30 a 12:00 e de 18:00 a 21:00 ou chamar ó 981 277 315 no mesmo horario, ata o 27 de maio.
23 de maio de 2006

Premios do Concurso de Música 2006
Os premiados na modalidade de pandereteiras/os celebrado o 21 de maio foron os siguientes:
CATEGORÍA A (ata 9 anos):
-1º premio: "Hábitat" da A.C. Adro de Baio
-2º premio: "Quintán" do ANPA do Colexio Público Mondego de Sada
-3º premio: "Pequerrechiños" do ANPA do Colexio Ponte dos Brozos de Arteixo.
CATEGORÍA B (de 10 a 13 anos):
-1º premio: "Rosalía de Castro"
-2º premio: "Mar Adentro" da A.C. As Neves de Buxantes
-3º premio: "Artabria" da Escola de Bailes Populares IAR de A Coruña
Os xurados de pandeireta foron Lucía López Trigo, Mª Susana Otero Pazos e Rosa Mª Abelenda Esmorís

Os premiados na modalidade de cuartetos de gaita celebrado o 21 de maio foron os seguintes:
CATEGORÍA A (ata 14 anos):
-1º premio: "Charrúa" da A.C. Tremiñado de Ponteareas
-2º premio: "Zaloira" da A.C. Tremiñado de Ponteareas
-3º premio: "Albarello" de Pontevedra.
CATEGORÍA B (de 15 a 18 anos):
-1º premio: "Tremiñado" da A.C. Tremiñado de Ponteareas
-2º premio: A.C. Rosalía de Castro de Padrón
-3º premio: "Azougue" da Escola Municipal de Folclore de Betanzos
Os xurados de gaita foron Xosé Tabeada Sánchez, Jorge López Díaz e Manuel Viqueira Noya
21 de maio de 2006

Día das Letras Galegas
O vindeiro xoves 18 de maio, co motivo do 17 de maio "Día das Letras Galegas" adicado a Lugrís Freire, actuará un dos cuartetos da A.X. Xacarandaina no Centro Cívico de Os Mallos.
16 de maio de 2006

Entradas dos concursos de baile e música tradicional
As entradas para asistir os concursos de música e baile tradicional, que levaranse a cabo os días 21 e 28 de maio e 9 de xullo, só poderán adquirirse no propio teatro o mesmo día do concurso.
A Xunta Directiva da A. X. Xacarandaina pide disculpas e rectifica o erro cometido ó anunciala adquisición de entradas na asociación os días anteriores ó concurso
13 de maio de 2006

Concursos de Música e Baile Tradicional da A.X. XACARANDAINA
Os vindeiros días 21 e 28 de Maio terán lugar os "Concursos de música e baile tradicional" no teatro da Universidade Laboral (I.E.S. Crucero Baleares, Acea da Ama - O Burgo, Culleredo). Este ano, como o anterior, celebrase o concurso de música e as eliminatorias de baile en só dous días, tendo lugar as eliminatorias do XXVII Concurso de Baile Tradicional, o domingo 21 ás 12:00 da mañá e o domingo 28 ás 11:00 da mañá repartidos nas diferentes categorías:
- Categoría A: ata 8 anos
- Categoría B: de 9 a 12 anos
- Categoría C: de 13 a 16 anos
- Categoría D: de 17 anos en adiante
A final do XXVII Concurso de baile tradicional terá lugar o domingo 9 de Xullo no Pazo da Ópera de A Coruña, na que participarán os grupos selecionados nas eliminatorias anteriormente citadas.
O XVI Concurso de música tradicional levarase a cabo ambos domingos ás 16:30, dividindo en categorías da seguinte maneira:
O domingo 21 actuarán:
CUARTETOS:
- Categoría A: ata 14 anos
- Categoría B: de 15 a 18 anos
PANDERETEIRAS/OS:
- Categoría A: ata 9 anos
- Categoría B: de 10 a 13 anos
O domingo 28 actuarán:
CUARTETOS:
- Categoría C: maiores de 18 anos
PANDERETEIRAS/OS:
- Categoría C: de 14 a 17 anos
- Categoría D: dende 18 anos
O rematar ambos concursos de música realizarase a entrega de premios e actuará o Grupo de Música Tradicional Xacarandaina a modo de exhibición. As entradas poderán adquirirse os mesmos días de concurso no teatro.
A inscripción no concurso pode realizarse a través desta web clicando en , ou no local da asociación ate o 9 de amio.
13 de maio de 2006

ENQUISA 2006
Xa podes recoller a nova enquisa na asociación.
O obxectivo é saber a vosa opinión sobre Xacarandaina, porque vos, os socios, sodes e facedes esta asociación.
É unha enquisa anónima e individual, por este motivo queremos que sexades sinceros e críticos nas vosas respostas, só así será unha enquisa fiable.
Os órganos de goberno da asociación estamos traballando para darvos o que pedides e así poder mellorar entre todos este noso punto de encontro. Pero recordade que vos sodes os que decidides sobre o futuro de Xacarandaina.
É un cuestionario que consta dun total de 36 preguntas divididas en varios bloques e que non levará respostar máis de 15 minutos.
Grazas de antemán por colaborar e participar.
13 de maio de 2006

Coñece a Fundación CAIXA GALICIA!
A A. X. Xacarandaina realizará os vindeiros 16 e 26 de maio sendas visitas guiadas á Fundación Caixa Galicia para ver as obras de Diego Rivera, Isaac Díaz Pardo, Francisco Leiro,...
A visita do martes 16 de maio será de 18:30 a 20:00 horas, mentres que a do venres 26 de maio será dende as 16:00 ás 17:30 horas.
Para anotarse acudir á oficina da asociación.
Formarase un grupo de 30 persoas, como máximo, por rigoroso orde de inscripción
A visita guiada será totalmente gratuita
09 de maio de 2006

Concurso de baile tradicional "TEQUEXETÉLDERE"
O domingo día 30 de Abril celebrouse na Estrada o I Concurso de Baile Tradicional "Tequexetéldere" no que había as seguintes categorías:

- Categoría A (ata 9 anos)
- Categoría B (de 9 a 12 anos)
- Categoría C (de 12 a 16 anos)
- Categoría D (de 16 anos en adiante)

Neste concurso participaron dous grupos da Asociación Xuvenil Xacarandaina: "Lareteiros" (categoría B) que acadou o 2º premio composto de trofeo e 120 €, e "Albameiros" (categoría D), que acadou o 3º premio composto de trofeo e 180 €.
30 de abril de 2006

Selección Interna de Música Tradicional
O vindeiro domingo 2 de abril terá lugar a Selección Interna de Música Tradicional 2006 no teatro do Colexio Calvo Sotelo a partires das 12:00 horas, participando os alumnos de gaita, percusión e pandeireta que asisten ás actividades da Asociación no presente curso.
Os asistentes ás clases de acordeón e clarinete actuarán a modo de exhibición.
30 de marzo de 2006

Selección Interna de Baile Tradicional
O domingo 30 de abril celebrarase no teatro do Colexio Calvo Sotelo, a partires das 11:30 horas, a Selección Interna de Baile Tradicional 2006 na que poderemos disfrutar do aprendido o longo do presente curso polos numerosos asistentes á actividade de baile impartida na asociación.
30 de marzo de 2006

Excursión e visita a Lugo
O vindeiro día 1 de Abril realizarase unha excursión a Lugo que constará dos seguintes puntos:
- Saída da Coruña ás 10:00
- Visita guiada ó Museo Provincial de Lugo
- Xantar en Castro de Rei (incluído no prezo)
- Visita ó Castro de Viladonga
- Regreso á Coruña sobre as 20:00
Denpendendo do número de xente, o prezo variará entre os 15 e os 20 € para os socios e entre os 17 e os 22 € para o resto da xente.
A reserva de prazas realizarase na oficina do local e por rigurosa orde de inscrición ata o día 29 de Marzo. O número máximo será de 30 ou 50 persoas.
23 de marzo de 2006

Actuación do "Grupo de Música e Baile Tradicional Xacarandaina"
O vindeiro 12 de marzo ás 12:00 da mañá, o "Grupo de Música e Baile Tradicional Xacarandaina" actuará no teatro Rosalía de Castro de A Coruña.
A actuación está englobada no "II Ciclo de Coros Históricos Cántigas da Terra" co que a laureada agrupación pretende honrar ós que quedaron no camiño e os que aínda están a traballar polo mantemento da nosa identidade.
Este II Ciclo abarca un programa organizado en tres días:
- 8 de xaneiro ás 19:30 no que actuaron o "Real Coro Toxos e Froles" e a "Agrupación Folclórica Colexiata do Sar".
- 12 de febreiro ás 19:30 co "Coro de Cantigas e Agarimos" e o "Grupo de Baile Cantigas e Agarimos".
- 12 de marzo ás 12:00 da mañá, co "Grupo de Música e Baile Tradicional Xacarandaina" e a "Coral Ruada".
Como non podía ser de outra maneira o "Coro Cántigas da Terra" acompañará ós participantes ó longo de todo o programa.
17 de febreiro de 2006

Festa de Antroido en Xacarandaina
O vindeiro día 25 de febreiro (sábado) entre as 17:00 e as 20:00 horas, celebrarase a tradicional FESTA DE ANTROIDO na A. X. Xacarandaina. Como todos os anos realizaranse diferentes actividades:
- Xogos para os asistentes
- Merenda variada
- Concurso de disfraces
- Entrega de recordos e premios
A entrada será libre para todos os socios que queiran asistir e un precio módico de 3 € para os non socios.
O prazo de inscrición abrirase o día 10 de febreiro ate o 23 do mesmo mes no local social.
O único requisito indispensable é asistir disfrazado
17 de febreiro de 2006

¡¡¡A patinar no Coliseum!!!
O vindeiro venres 10 de febreiro ás 18:00 horas e o sábado 18 do mesmo mes ás 12:00 horas, a A. X. Xacarandaina organizará, como en anos anteriores, unha visita á pista de xeo do Coliseum de A Coruña.
O precio de entrada será de 3 € para socios, e 6 € para non socios, sempre que xuntemos un grupo suficiente (20 persoas de 6 anos como mínimo)
Podedesvos apuntar no local da asociación
Imprescindible levar luvas
¡Animadevos a vir!
03 de febreiro de 2006

II Xuntanza do "Grupo de Música e Baile Tradicional Xacarandaina"
O "Grupo de Música e Baile Tradicional Xacarandaina" celebrará a II XUNTANZA, coa que pretende reunir ó menos unha vez ó ano, a todos os componentes das diferentes xeracións do Grupo.
A II Xuntanza consistirá nunha cena que terá lugar o sábado día 11 de febreiro ás 22:30 horas no ristorante FONTENOVA (carreteira de A Coruña-Meicende).
A cea consistirá nunha Locanada na que o precio por persoa será de 16 € (haberá menú infantil).
Correde a voz e apuntadevos no local da Asociación ate o xoves 8 de febreiro.
¡Saudos a todos!
27 de xaneiro de 2006

Comezo das actividades
O vindeiro luns día 9 de xaneiro comezarán de novo as actividades na A.X. Xacarandaina, co seu horario normal.
02 de xaneiro de 2006

Resolución do Concurso de Fotografía
Acadouse a resolución dos premios do Concurso de Fotografía co tema de "A Coruña" organizado pola A.X. Xacarandaina.
Na categoría de ata 14 anos o gañador foi Óscar Mera Bao, quedando deserto na categoría de 15 anos en adiante.
O premio consistirá nun lote de productos de Xacarandaina, incluindo material de pintura.
02 de xaneiro de 2006

II CERTAME DE XUGADAS DE REICEIROS
O vindeiro sábado 7 de xaneiro ás 17:30 do serán os cantereiros do Grupo de Música e Baile Tradicional Xacarandaina participarán no "II certame de xugadas de reiceiros" que terá lugar en Boimorto
Este II certame organizao o concello de Boimorto co fin de conservar a tradición dos cantares de reis, dándolle a súa merecida relevancia.
02 de xaneiro de 2006

FELICES FESTAS
A A.X. Xacarandaina quere desexar un "PRÓSPERO ANINOVO 2006" a todos os seus visitantes.
29 de decembro de 2005

¡¡¡CANTADAS!!!
Como todos os anos celebraremos as tradicionais cantadas do Nadal e Fin de Ano.
As festas terán lugar, igual que todos os anos, na rúa Florida xusto no lateral da iglexa de San Nicolás, ás 20:30 horas os vindeiros venres 23 e 30 de decembro.
¡Animadevos a vir!
18 de decembro de 2005

II Concurso de Fotografía
Como en anos anteriores, celebrarase o concurso de fotografía no que este ano o tema será A Coruña. O prazo de entrega comeza o día 30 de Novembro e rematará o 21 de Decembro.
O xurado estará composto por representantes tanto da Xunta Directiva como dos profesores de artes plásticas da Asociación.
Haberá dúas categorías: unha ata 14 anos e outra de 15 anos en adiante.
Otorgarase un premio por cada categoría composto por un lote de productos de Xacarandaina.
Tanto as bases do concurso como a folla de inscripción, recolleranse no local da Asociación e a entrega da foto será en tamaño 12*17 ademáis de entregar o negativo ou no seu caso un cd coa foto (dixital).
18 de decembro de 2005

Cata de viños
Os vindeiros sábados 10 e 17 de Decembro de 16:30 a 19:30 horas realizarase o primeiro curso de iniciación á Cata de Viños, impartido polo catedrático enólogo Luis Paadín, no local da A. X. Xacarandaina.
O grupo debe ser de 15 persoas e os precios serán de 52 € para socios e 60 € para non socios.
02 de decembro de 2005

Festa do Nadal
O vindeiro Domingo 18 de Decembro celebrarase no local da asociación a Festa do Nadal a partires das 17:00.
Terá lugar a visita das SS.MM os Reis Magos de Oriente e ademáis disfrutaremos coa presencia de grupos de música e baile da asociación, ademáis dunha contacontos que fará as ledicias dos máis pequenos.
29 de novembro de 2005

Xacarandaina cos impresionistas
O vindeiro Xoves día 15 de Decembro ás 16:00 realizarase unha visita guiada á Fundación Pedro Barrié de la Maza. O grupo estará formado por un máximo de 30 persoas, así que anotádevos, canto antes mellor, na oficina da Asociación (rigurosa orde de inscripción).
29 de novembro de 2005

¡¡Decora o teu Nadal!!
Curso adicado á decoración do Nadal, válido para todos os públicos. O curso realizarase os días 9 e 16 de Decembro dende as 19:30 ata as 22:30 horas.
A inscripción realizarase na oficina da Asociación e o curso terá un prezo de 14 € para os socios e de 16€ para os non socios.
29 de novembro de 2005

¡Outra vez equitación!
O vindeiro Domingo 4 de Decembro, tralo éxito da anterior convocatoria, voltaremos a montar a cabalo, aínda que esta vez iremos pola mañá e cada un deberá desprazarse ata alí.
Para participar haberá que apuntarse no local da Asociación, onde recibirase a información da hora, ruta e lugar.
A inscrición terá un precio de 10 € para socios e 12 € para non socios.
26 de novembro de 2005

!!Montar a cabalo¡¡
O vindeiro Domingo 6 de Novembro todo aquel que desexe pasar unha boa tarde e disfrutar da natureza enriba dun cabalo, poderá facelo apuntándose no local da Asociación.
A saída será dende o local ás 16:30 horas e o tempo de estancia alí será dunha hora.
Os prezos son de 16 € para os socios e de 18 € para os non socios. Hai que pagar por adiantado. A pasalo ben e disfrutade.
29 de outubro de 2005

Nova actividade en Xacacarandaina
Debido ás sucesivas peticións realizadas, ábrese a posibilidade dunha nova clase dentro das actividades ofertadas pola A. X. Xacarandaina:
Bailes de salón e latinos para nenos/as comprendidos entre 9 e 14 años, ambos incluidos, que será impartida no local da asociación os Martes de 19:30 a 21:00.
Recordade simplemente que os nenos/as poderán asistir sempre e cando cumpran estas edades no ano lectivo que nos encontramos.
Preguntade no local e apuntadevos.
24 de outubro de 2005

Lotería do Nadal
Lotería do Nadal na A.X. Xacarandaina co número 77.875.
As participacións deste ano son de 2 e/ou 5 €, sen nengún tipo de recargo.
¡Sorte a todo o mundo!
10 de outubro de 2005

¡¡¡Ruada en Arteixo!!!
O vindeiro sábado día 8 de outubro celebrarase unha ruada ó carón do Paseo Fluvial de Arteixo. A festa estará organizada pola A.X. Xiradela de Arteixo e o seu comezo está previsto para as 22:30 h.
Estamos todos convidados a botar unha repichoca e tomar unhas cuncas. ¡Vémonos en Arteixo!
06 de outubro de 2005

Comezo do curso 2005-2006
O vindeiros sábado día 1 de octubre comeza o novo curso de actividades 2005-2006 da A. X. Xacarandaina cos horarios correspondentes a cada actividade.
¡Boa sorte e a disfrutar!
27 de setembro de 2005

Foro vs. Suxerencias
Como podedes observar xa non existe o buzón de Suxerencias, animadevos a usar o FORO.
É moi sinxelo:
1- Rexistrarse
2- Para entrar, clicade en LOGIN e introducide Nome de