Xacarandaina

"Xacarandaina non é un ballet folclórico, non é unha coral, non é unha banda de gaitas, non é un grupo folk; Xacarandaina pretende ser algo máis. Investiga o folclore e interprétao como o atopa no seu lugar de orixe, buscando a maior pureza e o parecido co real, pretendendo con isto ser un exemplo vivo da arte popular de Galicia, continuada polo pobo e para o pobo"
Xacafestas! Desfruta das túas festas!
Estás en: Inicio

Novas


Comisións

Colabora con Xaca! Reunión de comisións

Desde a nova Xunta Directiva de Xacarandaina queremos informar a todas as socias e socios da Asociación sobre a posibilidade de colaborar con nós na mellora do funcionamento da mesma, participando nas diferentes comisións que todos os anos propoñemos coa idea de que cada un/unha de nós poña o seu gran de area co fin de conseguir unha Asociación na que todas e todos participemos.

Ler máis
 

Magosto en Xacarandaina

Festa de magosto en Xacarandaina!

Informamos ás socias e socios de que este ano, debido ao éxito do ano pasado, realizaremos unha nova Festa de magosto o sábado 18 de novembo de 17:00 h. a 20:00 h. 

A festa dará comezo ás 17:00 h e contaremos con comida, talleres e moita diversión ata as 20:00 h.

 Imprescindible inscrición antes do xoves 16 de novembro na secretaría da asociación!

  •  Soci@s: De balde.
  • Non soci@s: 3 €.

Aprende e divírtete con Xaca!!

Saúdos,

Comisión de Festas da A.C. Xacarandaina


 


XacaCulturais Casa das Ciencias

Desde a A.C. Xacarandaina queremos informar a tod@s @s nen@s soci@s da Asociación que a comisión de XacaCulturais acaba de programar a primeira visita deste curso... á CASA DAS CIENCIAS o día:

 11 de novembro ás 11:30-13:00 h.

 Realizaremos unha visita á sala de exposicións + planetario. Visitaremos a exposición "A astronomía como cha contan", unha exposición sobre a forma en que os medios tratan as noticias sobre astronomía e astronáutica. A información está distribuída en seis ámbitos que cobren a exploración do Sistema Solar, a investigación sobre o espazo profundo, os achados de planetas extrasolares, a vida dos astronautas no espazo, os satélites que observan o noso propio planeta e a contaminación lumínica que dificulta o goce do firmamento. MÁIS INFORMACIÓN

 A actividade vai dirixida a tod@s @s nen@s soci@s a partir de 4 anos. É imprescindible anotarse na Secretaría da Asociación antes do 9 de novembro, xa que as prazas son limitadas.

Actividade gratuíta!!

Aprende e divírtete con Xaca!!


Un saúdo,

Comisión de Xacaculturais da A.C. Xacarandaina

   


Resultado Asemblea Extraordinaria

A Coruña, 30 de outubro de 2017

 En Asemblea Extraordinaria celebrada o día 29 de outubro de 2017 resolveuse o nomeamento dos novos cargos da Xunta Directiva da Asociación Cultural Xacarandaina. Estes novos cargos son:

 

  •  Presidenta: Cristina Rodríguez Saavedra
  •  Secretario: Juan José Casanova Muñiz
  •  Tesoureiro: Manuel Hermida García
  • Vogal e Presidenta da Seccion Xuvenil: Cristina Ramos Lista
  • Vogal do GMBT Xacarandaina: Ismael Carcedo Gómez
Desexámoslle moita sorte e éxito a todos eles nas súas novas responsabilidades e expresamos o noso agradecemento a toda a Xunta Directiva saínte.

 


Convocatoria de Asemblea Xeral Extraoridinaria

Convócase a todos os socios e socias á ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA que terá lugar o día 29 de outubro de 2017, domingo, no local da asociación sendo:

  • 20:00 h a primeira convocatoria.
  • 20:30 h a segunda convocatoria.

 Coa seguinte orde do día:

1. Elección dos seguintes cargos da Xunta Directiva:

a. Presidencia.

b. Secretaría.

c. Vogalía do Grupo de Música e Baile Tradicional.

d. Vogalía do Círculo de Actividades de Tempo Libre.

2. Suxestións, rogos e preguntas.

Segundo o artigo 33º, na convocatoria da Asamblea establecerase un prazo de dez días naturais no que se poderán presentar á secretaria da Xunta Directiva as candidaturas e as súas programacións se as houbera.

O presidente,

Alberto Domínguez Granero

   

Axenda

Novembro 2017
L M Me X V S D
30 31 1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 1 2 3

Xacarandaina


Xacarandaina



Accede para coñecer as ventaxas para socios de Xacarandaina!

Contacto:
Rúa Historiador Vedía nº3
A Coruña - 15004
Teléfono da Asociación: 981 277 315
O correo de Xacarandaina

Patrocinio

Páxina subvencionada polo Concello de A Coruña      


Logo Concello A Coruña Logo Deputación de A Coruña


Onde Estamos